San Cibrao estrea novos parques e pistas polideportivas

undefined
photo_camera O parque infantil de Fonte Boa, coas pistas novas ao fondo.
Trátase de dous parques e un campo de fútbol e baloncesto

San Cibrao das Viñas estrea dous parques e un campo de fútbol e baloncesto, financiado a través da Orde de infraestruturas de uso públic da Xunta de Galicia, coa que o goberno autonómico apoia os concellos na creación, mellora ou reforma de infraestruturas básicas. O Concello engade aos seus servizos, con este investimento, un parque de biosaudables no núcleo de Valiñas, próximo ao parque infantil, para favorecer a práctica de exercicio físico ás persoas maiores. 

Outras melloras

Ademais, a axuda destinouse a colaborar na ampliación dun parque infantil en Fonte Boa que conta con xogos inclusivos e, ao seu carón, construíuse un campo de fútbol e baloncesto.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou estas infraestruturas canda o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, e mais o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. 

Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e os concellos, para que os municipios poidan levar a cabo actuacións coas que mellorar infraestruturas e servizos municipais que repercutan no benestar e a calidade de vida dos cidadáns.

A Xunta investiu 230.400 euros en melloras ambientais e de infraestruturas do concello en San Cibrao. 

Te puede interesar