San Cibrao, plató doutro filme que apoia a Deputación

photo_camera San Cibrao acoge la grabación de la película "O home e o can", dirigida por Ángel de la Cruz. El equipo estuvo rodando este miércoles en el bar Carballo y contó con la visita de Manuel Baltar, presidente de la Diputación
Baltar amosouse “encantado de comprobar ‘in situ’ este Ourense de cine”, acompañado polo director e o protagonista.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou onte en San Cibrao a rodaxe da película “O home e o can”, dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada polo actor Manuel Manquiña. O filme é unha mostra máis da aposta do ente provincial por convertir Ourense en plató, xa que ata o mes de maio vanse rodar en distintos escenarios ata cinco películas.

Baltar amosouse “encantado de comprobar ‘in situ’ este Ourense de cine”, acompañado polo director e o protagonista, ademais das actrices Paula Chaves e Estíbaliz Veiga e o compositor da música, o ourensán Jaime Fernández. “Esta rodaxe é un exemplo do Ourense ambicioso que ten na produción audiovisual un recurso fantástico para a visibilidade da provincia”.

Neste sentido, a Deputación ten en marcha outras iniciativas máis como a alianza coa Academia Galega do Audiovisual, a celebración dos premios Mestre Mateo no 2023 ou a 27 edición do Festival da Cine, subliñando a Ourense Film Commission “que vimos de presentar e que como ente único en Galicia vai ter moito que ver coas rodaxes que seguiremos a promover”.

Pola súa banda, o director de “O home e o can”, Ángel de la Cruz, expresou o seu agradecemento a Baltar polo apoio da Deputación a esta produción, “un proxecto especial no que levamos moito tempo traballando”. 

Te puede interesar