Infraestruturas

San Cibrao renovará todo o seu alumeado ata finais de 2021

O concello obtivo dúas subvencións para a súa mellora, que suman 1,8 millóns de euros

San Cibrao das Viñas mellorará o alumeado público tanto nos polígonos como nos núcleos urbanos e rústicos do municipio. O Concello vén de obter o pasado 7 de febreiro unha subvención por valor de 1,14 millónes de euro para o proxecto de renovación parcial do alumeado público exterior nos núcleos, que se suma aos 691.498 euros para a renovación do alumeado público exterior nos polígonos industriais de Barreiros e San Cibrao e nos viais principais do concello o pasado 23 de setembro.

As actuación en ambos os dous parques empresariais e nos viais principais teñen xa os seus proxectos redactados, e atópanse en fase de contratación. Mentres, estase á espera de contratar o proxecto do alumeado público exterior nos núcleos urbanos e rurais ao final deste ano. O obxectivo é ter rematado todo o alumeado no 2021. 

Segundo o alcalde, Manuel Pedro Fernández, a consecucións destas subvencións débese á "boa xestión" do grupo de goberno, así como "a boa colaboración dos técnicos". 

Te puede interesar