Coronavirus en Ourense

Félix Rubial: "Os sanitarios viven esta situación con frustración"

2020062022064013932
photo_camera Félix Rubial.
O xerente da área sanitaria de Ourense analiza a situación que vive a provincia, onde os casos activos xa alcanzan os 800

A área sanitaria comezou o mes de outubro con 800 casos activos, dos que 74 permanecen hospitalizados. A cifra de contaxios, así coma a de ingresos, continúa en aumento. Félix Rubial, xerente do CHUO, non agocha a súa preocupación.

A provincia afronta restricións dende hai semanas, pero a situación epidemiolóxica non muda...

En Ourense a maioría dos gromos son de carácter familiar, polo que a única mensaxe que se pode trasmitir é a de responsabilidade e compromiso individual para aplanar a curva.

Cal é a situación do hospital?

Polo de agora seguimos en fase 1, a situación está controlada, pero é moi preocupante. Temos oito persoas na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI) e máis de 60 ingresados, o que supón outras tantas familias moi preocupadas pola saúde dos seus seres queridos.  

O perfil das persoas ingresadas é o mesmo ca na primeira vaga?

Si, non hai ningunha diferencia. A gran maioría dos ingresados son persoas de máis de 65 anos: a gravidade da enfermidade está claramente relacionado coa idade e coas enfermidades asociadas a poboación máis maior.

Como se está a vivir na Atención Primaria?

Eu estou moi orgulloso da labor de rastrexo que se está a facer con moito esforzo e rapidez por parte dos profesionais. É certo que a presión e distinta respecto da incidencia da enfermidade na zona, pero estamos poñendo todos os medios para reforzar ao persoal (sustitucións, prolongacións, utilizando a todos os médicos dispoñibles da área...). A labor da Atención Primaria, tanto agora coma entre o periodo entre vagas, permite atopar as persoas asintomáticas, que é o permite vivir esta situación de presión asistencial, máis baixa da que tivemos no seu momento.

E os profesionais?

Os profesionais viven esta situación con frustración porque volven a verse no mesmo que hai meses e nalgún caso aínda non se recuperaron da primeira vaga. O comportamento da sociedade está a ser inadecuado, parece que temos pouca memoria do que vivimos hai non tanto.

Te puede interesar