Política

A sede do PSdeG ourensá é un espazo libre de LGTBIfobia

Thais Santos, secretaria de organización da agrupación e coordinadora LGTBI das XDG, destacou a "necesidade destes espazos ante as agresións e persecucións que sofre este colectivo a pesar do avance nas políticas nos últimos anos"

Xunto con cargos orgánicos do PSdeG, as Xuvetudes Socialistas de Ourense realizaron este mércores un acto para reivindicar o Día Internacional contra a LGTBIfobia, que se celebra este xoves, 17 de maio.

Thais Santos, secretaria de organización da agrupación e coordinadora LGTBI das XDG, destacou a "necesidade destes espazos ante as agresións e persecucións que sofre este colectivo a pesar do avance nas políticas nos últimos anos", e reiterou a necesidade de que o sistema educativo conte "cunha materia de educación sexual como ferramenta" para loitar contra estes actos de "intolerancia".

Desde este mércores, a casa dos socialistas da cidade é unha "casa do ppobo, onde o odio queda fóra e as únicas diferenzas entre as persoas deben ser aquelas que non atenten contra os dereitos e liberdades fundamentais", explicou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Xurxo Doval.

Este xoves ás 17,15 horas, no Centro de Interpretación As Burgas, haberá unha charla sobre a LGTBIfobia no seo da mocidade.

Te puede interesar