Antón Gómez Segade, gañador do Premio Freire Carril 2023 da Asociación Agromadas de Seixalbo

Antón Gómez Segade, gañador do Premio Freire Carril 2023.
photo_camera Antón Gómez Segade, gañador do Premio Freire Carril 2023.
Segade destaca pola súa presenza en órganos como o centro galego de Valencia (1982), o Seminario de Estudos Galegos (1981), o consello de Cultura Galega (1984) e por ser socio fundador das revistas culturais

A Asociación Agromadas, de Seixalbo, decidiu otorgarlle a Xosé Antón Gómez Segade (Monterrei, 1943) o Premio Freire Carril deste ano. A figura de bronce, feita por Manuel Bouciños, é unha homenaxe á súa labor e traxectoria na defensa da cultura e da lingua galega. 

O xurista, doutor e catedrático de Dereito Mercantil está moi vinculado a Seixalbo onde foi á escola na súa nenez. Por outra banda,  dende Agromadas explican que “sempre exeerceu a docencia en galego na Facultade de Dereito da USC, nunha época en que o noso idioma estaba infravalorado e incluso prohibido”. Un acto de valor que levouno a pertencer ó Padroado do Museo do Pobo Galego de Campostela.

Ademais, Segade destaca pola súa presenza en órganos como o centro galego de Valencia (1982), o Seminario de Estudos Galegos (1981) e o consello de Cultura Galega (1984) e por ser socio fundador das revistas culturais.

Te puede interesar