Sés fai gozar ao público de Ourense

Ourense goza do concerto de Sés, a cantautora de referencia en Galicia
O Auditorio Municipal acolleu o concerto de Sés, cantautora referente da música galega, que amosou o seu vibrante  directo  e presentou ao público  “Diante un Eco”, o seu oitavo álbum en 11 anos de carreira. No concerto fixo gozar os espectadores coa súa mestura de rock and roll, tradición oral galega E certa cadencia de canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico. Os vindeiros concertos serán en Vigo, o 28 de xaneiro, e en Narón, o 3 de febreiro.

Te puede interesar