ENTREVISTA | MÚSICA

“Non é complicado facerse un oco na música cantando en galego"

ses_perfilss_result
photo_camera Ses.

María Xosé Silvar, SES, (A Coruña, 1982) presenta hoxe na capital das Burgas o seu cuarto disco, "Opoñerse á extinción", logo de esgotar tódalas entradas postas á venta dende hai unha semana. A cita será ás 20,30 horas no Teatro Principal

Con que se atopará o público?

Con temas do meu novo traballo pero tamén doutros discos como "A paz esquiva", "Desde o altar", "Non son fada" ou "Milonga de aquí".

Como define o seu estilo musical?

Como a consecuencia natural do meu consumo. Eu fun criada no mundo da música tradicional galega. Son orfa de pai e crioume o meu avó. Por un lado, a música que escoitei é a que herdei dos vinilos do meu pai, que era básicamente rock and roll porque os meus avós estiveran en Inglaterra toda a década dos 60. E, por outro, co meu avó escoitei dende Los tres sudamericanos ata María Dolores Pradera pasando por zarzuela. Fun criada nesa variedade e non reneguei. Por exemplo, os cantantes favoritos da miña miña avoa eran Elthon John e Pucho Boedo (rise).

Por qué canta en galego?

Ai!, porque son galega.

É complicado facer un oco neste sector cantando en galego?

Non é complicado. Depende do que queiras. E que mira, eu fun a tódolos sitios cantando en galego e non tiven ningún problema. Cantei en Alemaña e tiven a mesma aceptación que en Madrid ou Galicia. Eu creo que a veces se lle bota culpa ao idioma ao que é falta de talento. A lingua non é unha traba. Dame moita pena porque creo que o galego xa ten suficiente co que ten. Non nos olvidemos que hai 50 anos Andrés Dobarro fixo unha película con Concha Velasco cantando en galego, e estivo nas lista de éxito españolas.

Como nace SES?

Foi casualidade. Tiña un grupo de colegas gaiteiros. Estábamos estudiando e empezamos a quedar no trasteiro dun para facer música. Un día presentámonos de broma ao concurso ACoruñaSon con Santiago Auserón. Gustoulle o que facía e así xurdiu todo. 

Por que o nome de SES?

Na casa, dende pequena chámanme "Sesi", "Sé" ou "SES". Touriñán foi unha das primeiras persoas coas que traballei e foi el o que me dixo que lle gustaba o de SES. 

Como encara este 2017?

Compaxino o tocar con gravar discos. Ademais, estou regravando o primeiro, "Admirando a condición, que foi o único que eu non producín. Gustaríame tamén pedirlle á xente que cando escoite falar a una muller nun escenario, antes de calificala, que reflexione que esas palabras que está escoitando ou lendo están asinadas por un home.

Te puede interesar