Os deputados socialistas tomaron esta decisión trala redución de prazas de enfermería no Centro de Saúde da localidade.
Os deputados socialistas no Parlamento de Galicia, Noela Blanco e Julio Torrado, presentaron ante a Mesa a interrogante de por que a Xunta de Galicia tomou a decisión de reducir o número de prazas de enfermería no Centro de Saúde de Toén, en Ourense.
A realidade no Centro de Saúde de Toén viuse modificada nos últimos anos, pois trala xubilación do antigo persoal, as prazas de enfermería víronse reducidas de dúas a unha.
Os socialistas tamén reclaman saber si dende a Xunta prevén restablecer o número de prazas nun futuro.