entrevista

"Son pesimista, é claro o retroceso en temas coma a liberdade de expresión"

OURENSE (RESTAURANTE HABANA 83). 02/05/2018. OURENSE. Retratos de Miguel Ángel González Trigás.
photo_camera Miguel Ángel González Trigás posa no Habana 83.

As catro décadas de profesión do avogado Miguel Ángel González Trigás (Ourense, 1953) enténdense coma un compromiso co galego. Aí está a fundación da Irmandade Xurídica Galega, creada en 2008 xunto cunha trintena de irmandiños para dar pulo á lingua na xustiza –"En galego. É de Lei".

Encargouse de tramitar a que se convertiría na primeira sentenza en galego en Ourense. "Ditouna Juan Alfaya fará 25 anos. Era unha sentenza de divorcio". As catro décadas de profesión do avogado Miguel Ángel González Trigás (Ourense, 1953) enténdense coma un compromiso co galego. Aí está a fundación da Irmandade Xurídica Galega, creada en 2008 xunto cunha trintena de irmandiños para dar pulo á lingua na xustiza –"En galego. É de Lei". Outro vértice transversal do seu currículo sería o compromiso social, reflexado sen ir mais lonxe na súa etapa coma decano en Ourense (1995-2004) e ao frente do Consello da Avogacía Galega (2003-2005) cando asinou un acordo coa Xunta para representar de xeito gratuíto ás vítimas da violencia machista.  "Avogado é defender ao desprotexido. Mantemos un programa de axuda aos presos, os máis indefensos. Como resumo, no Colexio temos máis queixas por letrados de libre elección que por oficio, trabállase moito e ben".  Ao marxe de polémicas (anoten a dimisión, en bloque, do Comité de ética da Deputación), recorrer a súa biografía serve para ler unha visión vital–"non me considero exemplo para ningúen, só intentei ser coherente e non defraudar"- e unha ideoloxía, "nacionalista de esquerdas", que serve para entender coma rexeitou a entrada en política: "Por varios partidos". Balance? "Un avogado de pobo. Isto é o que son, e o que sempre quixen ser”.  Precisamente por iso, é especialmente crítico na mirada ao pobo. 

Por que os galegos vixiamos máis o privado que o colectivo?

Os galegos temos un sentimento colectivo cando saímos de Galicia. Haberá centros galegos ata en Uzbekistán. Pero eiquí somos egoístas, antisolidarios... moitos dos crimes veñen de aí. Algún avogado, maior que eu, dicía que era un sentimento exacerbado da xustiza…. mais ben creo que é da propiedade. O que é meu, e meu, e punto.

Ten dito moitas veces que á xente fáltalle educación na xustiza.

Estamos a favor do xurado popular, pero logo ningúen quere ser xurado. Son partidario de educar ao pobo… diría que é educación para a cidadanía, pero non quero que se me acuse… Mire, se todos temos dereito a participar no goberno, mediante eleccións, tamén temos dereito a participar na xustiza. 

Dicía no 2004: “O Dereito está máis pensado para xulgar a robacasetes que a corrupción".

O Dereito ten un componente clasista en orixe. Non estaban previsto certos delitos, era compricado seguilos por falta de medios, especificacións… de feito, perséguese máis ao pequeno que ao gran delincuente. 

Pero non semella vostede moi proclive a tocar o Código penal. 

Temos uns políticos raros, que reforman en base as noticias do día. Reformas? Algunhas modificación son necesarias, outras non. A permamente revisable? É absurda, estou totalmente en contra. As enquisas? Móvense polo último suceso. Que os familiares da vítima seméllenlle calquera pena pouca cousa é normal, igual que pasaríame a min. Pero as leis non pódense facer por afecto e apaixoamento. Temos un código penal moi duro e  a maior poboación carcelaria de Europa, sendo uns dos países máis seguros. 

Percibe un retroceso social?

En case todo. Son moi pesimista, en moitos temas. Para comezar, hai retroceso na libertade de expresión. 

Debe ir un rapeiro a cárcere?

Non. Eiquí estamos quizáis, esaxerando, buscando… As cousas poden ser desagradables, pero hai unha alternativa que se creou, civil, que é a protección do honor. Algunhas desas cousas poden entrar por ahí. Se síntome ofendido, demando. Sen dúbida, imos a peor. 

E as razóns?

Para comezar, as normas represivas, que as hai. A Ley de Seguridad Ciudadana, por exemplo. E a exaltación do terrorismo? Non semella o máis lóxico que existan agora máis sentenzas de este tipo que cando ETA estaba asasinando.  Non podemos funcionar a golpe de titular. 

Chegamos a La Manada. 

A miña valoración é tripla.Un: esta xente cometeu un delito e son unha panda de indesexables. Dous: pode ser discutible se os xuíces tiveron dúbidas do tipo penal a aplicar. Por eso hai recursos, e ao final haberá unha sentenza definitiva. Tres: Nove anos non é unha absolución, e non debería interpretarse como tal. É o máximo de abusos sexuais, que aproximase ao mínimo de violación con penetración (12).  Pero obviamente estamos a falar dun delito claro. Dous instancias máis. Penso que delito houbo sen dúbida. 

Declaracións de Catalá

Nun contexto de discutir aos xuíces, o ministro de Xustiza non debe desprestixialos. O do voto particular xulgou porque estaba capacitado. O goberno non pode meterse con outro poder do Estado. E se Catalá pensa que hai un problema, que o diga. Pero que non insinúe. 

En Galicia, a xustiza está agora mesma atrancada nunha folga.  

E penso que teñen razón. O que piden é razoable. O que pasa é que estánse a crear moitos malos entendidos. A postura da Xunta non é moi razoable. Isto puido atallarse moito antes, e estase a causar un dano enorme, enorme. Retrasos de meses, de anos. Home, sinaláronme un xuízo para o 2020. Pensións, vodas, danos aos procuradores ou aos avogados.  Chegará o acordo, porque a Xunta non pode permitir que isto siga moito tempo… e as forzas dos folguistas están xa o límite. 

Da a sensación que esta Xunta deixou de lado o galego. 

Penso que dende as institucións debemos dar exemplo no uso do idioma, nun momento no que está bastante cuestionado. Eu teño medo que o galego sexa o idioma da administración, como o latín para a Igrexa... e mentres a xente remate por non falalo. Estamos asistindo a eso.  O galego é o noso idioma,  e cada vez úsase menos. 

Traballa nun sector moi impermeable ao galego

Non é hostil, é indiferente. 

No 2008 dicía que o uso do galego na xustiza estaba atrapado entre o voluntarismo e a apatía

Si. É un caso de indiferenza. Non é anti, é apatía. De feito hai un servizo de normalización lingúistica na xustiza, e en vez de traducir ao galego remátase por traducir do galego ao castelán. Manda carallo. 

Precisamente no ano 2008, Luís Villares, na Fonsagrada, era un dos poucos xuíces que ditaba sentenzas en galego. Él tiña dous denuncias para resumir o esceario: falta de medios e inercia.

Hai problema, as demandas tramítanse en galego pero logo dítanas en castelán. É curioso que alguns xuíces non galegos teñan as veces máis sensibilidade que os propios xuíces galegos, que son a inmensa maioría e, salvo excepcións, pasan do tema. É unha cuestión voluntarista, depende máis das persoas que das institucións. Non esquezamos  que é o idioma do país, e é o noso patrimonio. Análise? Leva camiño de ser unha lingua minoritaria.

Te puede interesar