O subdelegado do Goberno en Ourense e Francisco Rodríguez analizan queixas de veciños sobre algúns locais de ocio

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, reuníronse este venres e abordaron asuntos como as queixas dalgúns veciños respecto ás molestias que lles producen locais de ocio.
No encontro, ao que tamén acudiron o Comisario Xefe do CNP e o Xefe da Policía local, Castro e Rodríguez trataron diversos temas relacionados coa seguridade cidadá, en especial os que afectan os veciños da capital que viven no centro.

Deste modo, os responsables da policía facilitaron estatísticas e datos concretos sobre os problemas dalgúns locais de ocio que causan molestias aos residentes da zona.

Te puede interesar