CONCELLO

Taboadela aproba os primeiros orzamentos do novo goberno

O goberno local destaca o peso dos investimentos sobre o gasto corrente, o plan de choque en eficiencia enerxética ou as accións no saneamento.

O Concello de Taboadela aprobou de forma provisional os primeiros orzamentos do novo goberno, que pasan de 1,12 a 1,99 millóns. O goberno local destaca o peso dos investimentos sobre o gasto corrente, o plan de choque en eficiencia enerxética ou as accións no saneamento.

 "Queremos humanizar os núcleos pouco a pouco, pero con decisión", sinala Álvaro Vila, alcalde de Taboadela, que destaca a construción dunha Casa da Cultura. Os novos presupostos contemplan afrontar a redución do consumo da depuradora do Amendo nun 60% a partir de enerxía solar, así como o cambio de luces públicas convencionais por LEDs de baixo consumo.: "Suporían un aforro do 50%". 

"Unha vez iniciados os trámites para formalizar a adquisición da casa reitoral afrontaremos a rehabilitación da mesma", sinalou Vila. Outra das intervencións contempladas nos orzamentos é a eliminación de cinco puntos urbanos sen depuración. 

A oposición criticou esta previsión de contas. O PP ve "pouco realismo" e Ve-Ta dixo que "poderían ser uns orzamentos ideais, pero non recollen os investimentos reais".


Cambio na recollida de lixo


 O pleno tamén aprobou, cunha soa abstención, renunciar ao  convenio para servizo de recollida do lixo con Allariz, adheríndose ao convenio coa Deputación de Ourense. 

Te puede interesar