Taboadela coloca cinco colectores de recollida de aceite usado

"Cando alguén teña trastos pode chamar ao Concello, e pasará aviso á empresa. Esta, porase en contacto co veciño para comunicarlle a data de recollida", explican desde el concello

O Concello de Taboadela vén de instalar cinco colectores de recollida de aceite usado en varios puntos do municipio. Os puntos onde se ubican son Taboadela, Rabeda, Lama de Prado, San Fiz e A Telleira. O obxectivo que persegue o Concello, que é o promotor desta iniciativa, con este investimento é  "coidar o noso medio ambiente" e anima os veciños " a facer uso deles". 


Recollida de trastos


Outra das novidades anunciadas polo equipo de goberno taboadelés é a posta en marcha da recollida de trastos a demanda. "Cando alguén teña trastos pode chamar ao Concello, e pasará aviso á empresa. Esta, porase en contacto co veciño para comunicarlle a data de recollida", segundo explican desde o consistorio. 

Te puede interesar