Taboadela completa o seu cambio ás luces led

Cambio de luminarias acometido o verán pasado. (ÓSCAR PINAL)
photo_camera Cambio de luminarias acometido o verán pasado. (ÓSCAR PINAL)
A inversión da colocación de luces led ascende á cantidade de 253.300 euros.

O Concello de Taboadela anunciou que están a piques de rematar as obras de instalación de luces led na totalidade do seu alumeado público, o que, sumado á montaxe desta tecnoloxía no polideportivo e a colocación de placas solares na depuradora do Amendo, pemitirá un aforro dun 60%, chegando incluso a picos do 70%, “un cambio moi importante, especialmente agora cos elevados prezos da electricidade”, segundo indicou o rexedor de Taboadela, o socialista Álvaro Vila.

A inversión da colocación de luces led ascende á cantidade de 253.300 euros mentres  que a depuradora e polideportivo de 48.350 euros, sufragados nun 80% polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e un 20% polo Concello. “Esta é unha importante inversión que nos permitirá ser moito máis eficientes enerxética e medioambientalmente máis sostibles, que se compensará co aforro  estimado en 2 anos e medio”. 

Te puede interesar