Política

Taboadela delega na Deputación o cobro de impostos impagados

Tamén se deu luz verde definitiva ao Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

Taboadela aprobou por unanimidade en pleno unirse ao Plan Provincial de Cooperación "para a xestión delegada do Servizo de inspección dos tributos municipais", pasando así a institución provincial a afrontar os impostos impagados. Tamén se deu luz verde definitiva ao Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. 

Noutros asuntos tratados no pleno, aprobouse o convenio con Barbadás para a prestación conxunta do servizo do Centro de Información ás Mulleres e deuse  conta da compra de dous inmobles para intentar facer unha casa de oficios e erradicar o feísmo. 

Por último, volveron as discrepancias entre os grupos de goberno (PSOE e Cs) e Veciños de Taboadela, que volveu presentar un recurso extraordinario polos acordos tomados no pleno do 25 de novembro, relativos aos salarios de alcalde e tenentes de alcalde. Foi rexeitado. 

Te puede interesar