Infraestruturas

Taboadela merca a reitoral para facer unha Casa da Cultura

alvarovila_resultado
photo_camera Raúl Alfonso e Álvaro Vila.
O obxectivo é materializar un espazo cultural para realizar proxectos como conferencias, cine, teatro, exposicións...

O Concello de Taboadela vén de adquirir a vella casa reitoral, logo de asinar o pasado venres a compra co Bispado de Ourense, co obxectivo de acometer unha rehabilitación para usala como Casa da Cultura. Este acondicionamiento da vella reitoral de San Miguel del Taboadela pretende ser unha actuación "estratéxica" e que aporte "múltiples beneficios o Concello", segundo manifestou o alcalde, Álvaro Vila. 

O obxectivo principal é materializar un espazo cultural que se adapte ás diferentes actividades socioculturais que se demanden e "dotar o concello dun espazo onde poder realizar proxectos culturais de distinta natureza, auditorio, conferencias, cine, teatro, exposicións.... En definitiva, dotar a Taboadela dun lugar para desenvolver as artes escénicas e ter un punto de encontro cultural e de lecer", asegurou o rexedor.

Programación cultural

O alcalde defende que esta actuación eneficia a Taboadela, e toda a provincia, "ao dotar de contido e servizo o territorio rural preto da cidade, tan necesitado de fixar poboación". Para Vila, é a "primeira pedra" para que Taboadela teña unha "axeitada" programación cultural. 

Te puede interesar