Taboadela orza 1,3 millóns de euros para o 2023

O Concello de Taboadela aprobou onte, en sesión extraordinaria, o presuposto para o próximo exercicio, ascendendo o total da conta ata 1,3 millóns de euros. O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, destaca o “carácter social” das contas, marcadas polo gasto en persoal -que leva o 50% do presuposto-, polo incremento da inversión en iluminación pola alza do prezo da luz e do pago de proxectos cofinanciados entre varias administracións que contan con “partidas importantes” para as arcas municipais. 

Pola súa banda, o PP asegura que “as contas son máis do mismo” y advierten de que “non se pode estar sempre tirando de remanente, porque haberá un día que acabe”. Ademais, botan en falta “un plan de actuacións en viais municipais, porque os accesos a algunhas aldeas están case impracticables”. Dende VETA Taboadela están estrañados pola urxencia para aprobar estas contas e botan en falta multitude de inversións. “Dáme a sensación de que é un cortapega dos presupostos do ano pasado e que non atenden á realidade do Concello”, explicou o voceiro, Xosé Antón Calviño.

Te puede interesar