A LIMIA

Teresa Martínez: "Pro Limia é un proxecto integrador e unidos seremos capaces de todo"

Asamblea empresarios y comerciantes de Xinzo de Limia
5-10-17
Teresa Calleja (presidenta)
photo_camera Asamblea empresarios y comerciantes de Xinzo de Limia 5-10-17 Teresa Calleja (presidenta)

Teresa Martínez, pretende  reflotar un sector que, nos derradeiros anos, viuse afectado pola crise económica

A ilusión e o espírito "Pro" encheron onte as rúas de Xinzo. A nova Asociación de Empresas e Comercios da Limia, creada durante o pasado mes de maio, presentouse de maneira oficial na súa primeira asemblea xeral, un acto no que quedou ratificada, ademáis, a xunta directiva.

Unhas 15 persoas están involucradas en sacar adiante este proxecto que califican como "integrador e ilusionante" e que, segundo sinalou a súa presidenta, Teresa Martínez, pretende  reflotar un sector que, nos derradeiros anos, viuse afectado pola crise económica e pola perda de habitantes no entorno rural. 

Como xurdiu a idea de recuperar a Asociación?

Na Limia levabamos máis de cinco anos sen ningún proxecto asociativo no ámbito empresarial. Houbo unha asociación hai anos pero, por razóns que descoñezo, quedou no esquecemento. En maio varios empresarios decidimos comezar un proxecto totalmente novo, que nacera limpo, en positivo e sen condicionantes políticos. 

Que é Pro Limia?

Pro Limia pretende ser unha iniciativa moi integradora. De feito, o noso lema é "Un proxecto integrador do que ti formas parte". Todo está pensado para transmitir un espíritu positivo, unha alma "Pro", algo así como que se nos unimos e valoramos o noso, somos capaces de todo. Para nós, o máis importante é que a xente e, concretamente, os empresarios da comarca, crean en sí mesmos. 

Faltaba unión no sector empresarial da Limia?

Sí, pero non soamente aquí. En Galicia temos unha mala tradición no tema cooperativo. Somos bastante individualistas, imaxino que é unha cuestión de cultura. Pero penso que podemos cambiar esa mentalidade demostrando que, se nos unimos, somos capaces de facer moitas cousas. 

Canta xente forma parte de Pro Limia?

Entre 10 e 15 persoas traballamos de xeito diario, oito conformamos a directiva e a asociación conta nestes momentos con uns 200 asociados. Todos estamos moi implicados. Todos demos todo de nós para organizar esta asemblea: campañas nos medios, nas redes sociais e porta a porta. Tamén nos movemos polo resto dos concellos da comarca. 

Como está sendo a resposta da cidadanía?

Moi boa. A percepción que temos é que se necesita unha iniciativa deste tipo. Os empresarios e comerciantes precisan dun interlocutor ao que transmitir as súas demandas, as súas preocupacións e alguén que faga de intermediario coas institucións. 

A que servizos poden acollerse xa os asociados? 

Poden participar en campañas que se organicen dende Pro Limia, ter servizos de publicidade, asesoramento, formación e servizos de carácter xeral. Neste senso e, para cubrir gastos, queremos establecer unha cuota de 30 euros anuais.

Como está o sector na comarca da Limia? 

Estamos un pouco mellor que nos anos duros da crise. Este verán foi máis dinámico, había máis xente nas rúas e percibimos que mercaba máis. Aínda así, estamos moi preto de Ourense e é moita a xente que se escapa alí a mercar. Queremos reverter esta situación. 

Te puede interesar