PROVINCIA

Terra de Celanova e Baixa Limia lideran a recuperación laboral

Manuel Baltar presidiu a presentación dos resultados do Observatorio Económico para estas comarcas

As comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia lideran a rexeneración laboral da provincia, segundo reflicten os datos do Observatorio Económico Ourensán.Estes foron presentados onte nun acto celebrado na Casa do Concello de Celanova, no que participou o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o profesor da Universidade de Vigo Andrés Mazaira, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

O estudio indica que o mercado de traballo medrou na Baixa Limia un 3,5% no último ano, o que representa "o mellor rexistro comarcal". Pola súa banda, o mercado de traballo en  Terra de Celanova repuntou un 1,7%. Manuel Baltar asegurou que o observatorio "identifica a Terra de Celanova e á Baixa Limia como dous claros exemplos de territorio que están a rendabilizar a rexeneracion económica e laboral". Na fase intensa da crise económica, entre 2011 e 2013, a comarca de Celanova foi a segunda que perdeu máis emprego, mentres que a Baixa Limia figuraba como a terceira comarca máis castigada. "Sin embargo -dixo Manuel Baltar- no actual ciclo de rexeneración laboral a situación mudou e as dúas comarcas están entre os principais axentes de reactivaciòn laboral, ata o punto de que a Baixa Limia liderou en 2016 a creación neta de emprego na provincia, cun auxe do 3,5%, a máis do doble de velocidade que a media ourensá".

Terra de Celanova ampliou o seu mercado laboral nun 1,7% no último  ano e as proxeccións do Observatorio anticipan que cando arranque o segundo semestre de 2018 esta comarca terá afianzado de novo os 5.000 empregos, dato do que permanece afastada desde o cuarto trimestre de 2012.
Polo que respecta á comarca da Limia, a rexeneración de emprego marcha a unha velocidade anual do 1,1%, case medio punto por debaixo da media da provincia. O Observatorio sitúa a unha distancia de cinco anos a reconquista dos 6.500 empregos que había nesta comarca no ano 2011.n

Te puede interesar