EDUCACIÓN

Unha tese sobre Valente recibe un premio en Italia

tesis_doctoral_result
photo_camera Claudio Rodríguez Fer, Elsa Paredes e Pietro Taravacci.

Estivo co-dirixida polo director da cátedra da USC sobre o poeta ourensán

 A investigadora italiana Elsa Paredes Bertagnolli recibiu o premio á mellor tese doutoral do último ano académico da Scuola di dottorato in Studi Umanistici (Lettere e Filosofia), pertencente á Universidade de Trento, pola investigación titulada "Los caminos ecfrásticos de la palabra al borde de la visión: Valente, Durero y el 'ovillo negro' de interior con figuras".

O traballo foi co-dirixido por Claudio Rodríguez Fer, profesor da Facultade de Humanidades de Lugo e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, e Pietro Taravacci, director do Dipartimento di Studi Letterari, Linguistici e Filologici da Facoltà di Lettere e Filosofia na Università degli Studi di Trento, así como experto valentista e tradutor de Valente ao italiano. A cerimonia oficial de entrega do premio tivo lugar o pasado 14 de maio na central Piazza Duomo de Trento.

Elsa Paredes Bertagnolli, autora de diversas publicacións, realizou unha importante contribución ao estudo de Valente e a interrelación entre arte e poesía na súa tese doutoral, para o que investigou durante anos na Cátedra Valente da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa banda, Claudio Rodríguez Fer co-dixiriu investigacións académicas en varios países de Europa, África e América sobre temas diversos, mais con especial atención á obra do seu amigo José Ángel Valente, a quen dedicou numerosos libros e edicións.

Te puede interesar