Ourense

El testimonio de un misionero de la Diócesis ourensana en el terremoto de Ecuador

Ourense

CARTA ABIERTA

El testimonio de un misionero de la Diócesis ourensana en el terremoto de Ecuador

Manuel Rodicio, con fieles de su parroquia en Ecuador. (MISIONEROSCC)
photo_cameraManuel Rodicio, con fieles de su parroquia en Ecuador. (MISIONEROSCC)

Manuel Rodicio es misionero en la ciudad ecuatoriana de Jipijapa. Este es su relato en una carta abierta: "Mortos. Destrución. Sen luz. Sen auga. Cun chisco de Internet que nos abre ao mundo".

"O medo iguálanos a todos", sentencia Manuel Rodicio. Es misionero en la ciudad ecuatoriana de Jipijapa. Ha enviado a la Diócesis de Ourense esta carta que reproducimos, tras la sacudida de 7,8 grados que ha sembrado de tragedia del país hispanoamericano.

Temblor. É o sábado 16 a eso das sete. Xa noite. Bah! Pronto pasará, penso eu, porque vivimos onde a terra tembla con frecuencia. Pero non. Esta vez dura máis. E cada vez é máis forte. Eu estaba en Jipijapa porque iba sustituir a un cura en días de descanso. Cae a biblioteca cos libros. Ruido por todas partes. Penso rápido e tírome debaixo da cama. Os segundos fanse eternos. Por fin… calma… e ladrido de cans.

Baixo e atopo ó compañeiro José Manuel no patio. O medo tamén lle puido e saiu correndo da Igrexa. Todo se movía. O Sagrario, despois de bambearse o que quixo, caiu por terra. O medo iguálanos a todos.

Despois empezou o reconto. En Jipijapa imos vendo destrozos pero non se reportan mortos. Xentiña humilde perdeu a casa. E empezamos una longa noite sen luz. Con medo. Haberá réplicas. Salimos en estampida a eso das dúas da madrugada. O esperado: un pequeño temblor… e psicosis de gran temblor.

Entretanto vexo que hai internet. Entro a mirar, hai que saber… pero é un saber duro. Mortos. Igrexas destrozadas.

Chegado o domingo é tempo de evaluar. En Manta, onde vivo, non hai grupo de casas (cuadra) onde unha, polo menos, non fose ó chan. Noutra sabemos que hai nenos dentro. Non hai como entrar. As carreteras aserradas como se una cortadora as tronchase. Os postes da luz, polo chan… En Portoviejo din o mesmo. Con todo, en Pedernales e Cojimíes é peor. Mortos. Destrución. Sen luz. Sen auga. Cun chisco de Internet no móvil que nos abre á información e ó mundo.

A Igrexa concatedral de Manta nunha primeira evaluación din que hai que derruirla polo perigo que conleva. E no medio desto chega un grupiño de xente. ¿Celebramos Misa? Claro, padresito.  Alí, moi cerca da porta… por si hai que fuxir.

Logo, subo a casa. Todo está ciscado, como se peneiraran  a casa.

E un pobo sempre festeiro hoxe está en silencio. Silencio de Venres Santo. E entretantio colas de mais dun kilómetro para coller gasolina…

Gracias irmaus por estar con nós. Por rezar con nós. Non temos idea aínda do que nos compre. Hai que ir vendo o que sirve e o que non. Pero valen moi pouquiñas cousas. Volvemos a empezar de case cero en moitos casos. E moitas familias empezaran desde menos de cero, desde o dolor do familiar perdido.

E cando devala o día erguemos o corazón a Deus e Deus responde con silencio… pero é un silencio preñado de ESPERANZA. Decíame una mullleriña vella esta mañá o rematar a Misa: “Gracias, padresito, por darnos esperanza”.

Ogallá sexa tamén o momento da solidaridade