Ourense

Tito Asorey: “O teatro galego existe, debemos de ser moi conscientes do que temos aquí"

Ourense

ENTREVISTA

Tito Asorey: “O teatro galego existe, debemos de ser moi conscientes do que temos aquí"

Tito Asorey é o director da obra "Perplexo", da compañía Il Maquinario.
photo_cameraTito Asorey é o director da obra "Perplexo", da compañía Il Maquinario.

Tito Asorey volve a Ourense con "Perplexo",

El actor volve a Ourense con "Perplexo", a obra de Marius Von Mayenburg coa que a compañía galega Il Maquinario non deixa de recadar recoñecementos. Candidato á mellor dirección nos premios ADE, os actores aos que dirixe aquí –Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez–estiveron tamén nominados nos premios María Casares.

Non é a primeira vez que traedes “Perplexo" a Ourense. Que lembra da primeira vez?

Lembramos a estrea, que estabamos á espera de como se recibía. Víamolo coma unha oferta con certo risco. É unha comedia, está feita para que a xente disfrute e o pase moi ben pero tamén ten unha estructura de teatro contemporáneo que non é común. Agora voltamos despois dunha xira por moitos sitios de España. Vimos de estar cos María Casares, recentemente acábanme de comunicar que opto ao mellor director pola Asociación de Directores de España por esta peza, xunto con nomes como Helena Pimenta, directora da Compañía Nacional de Teatro Clásico ou Ernesto Caballero do Centro Dramático Nacional. Creo que é unha boa noticia, e gustaríame facer extensible estos logros á cidade e a tódala xente que nos apoia dende o inicio.

Con estes recoñecementos, que é “Perplexo" para vostede?

É unha peza moi persoal. Parte dunha inquedanza sobre a excesiva velocidade do mundo e tódolos cambios que estamos vivindo, creo que reflicte bastante ben á  sociedade. Ese espírito da época onde calquera tipo de certeza non dura demasiado, tanto a nivel de relacións, como laboral e político. Hai unha especie de masa informe un pouco líquida, onde todos tentamos sacar a cabeza dalgún xeito e intentar ter algún clavo, aínda que sexa ardendo, ao que apoiarnos, pero moitas veces non dura demasiado. "Perplexo" ten forma de vodevil, de comedia entolecida onde as personaxes cambian de rol continuamente para enfrentarse ás novas situacións que a obra lles prantexa. É unha peza á que quero moitísimo, e un espello interesante para a sociedade.

Cal é a clave do éxito?

Ter en conta o público ao que nos queremos dirixir, tomando como persoas que queren ver algo que reflicta un pouco un sentir xeral. Tamén potenciando á comicidade, tendo catro actores estupendo ou un texto super potente, dun dos autores novos mais importantes de Europa e ter a oportunidade de escoitalo en galego, algo valioso.

Estrearon en castelán fora de Galicia. Como foi a acollida?

Estupendamente, sorprendeunos moito. Sobre todo en Euskadi e Madrid, onde estivemos dúas semanas no teatro Galileo e onde foi unha recepción moi sorpresiva. Había xente á que nós admiramos profundamente que viñeron a ver a peza e felicitáronnos preguntando "onde estabades?". É moi satisfactorio que xente así poda ver o que se está facendo en Galicia, o que se fai en Ourense, que dende toda a humildade é interesante. Parece que o teatro galego existe tamén, e existe tamén en Madrid. Creo que temos que ser moi conscientes do que temos aquí.

Más en Ourense