JOSÉ MANUEL GARRIDO

“Todo o país vai situar a este pobo no mapa”

José Manuel Garrido, membro da Asociación Cultural Veciños de Chaioso, é o “promotor”, o culpable de que a festa non remate en Chaioso, e si o fai, xa estará movéndose para a seguinte, ou dándolle ó coco para outra. 

Gasta o humor do pobo, que é o de tódolos sitios, pero cargado en retranca. “Xa podemos dar a volta que o pobo rematou”, comenta, trenzando a primeira gracia, nada máis comenzar a camiñar na visita a esta aldea ao pé do castelo de Maceda.

Cando comenzáchedes a facer estas festas?
No ano 2005, foi a primeira vez. O último que fixera festas no pobo fora o meu pai, como membro da comisión de festas alá polo ano 71-72. Eu díxenlle: "Ti fuches o último e eu vou ser o primeiro que as volva facer".

Que lles pareceu aos veciños o feito de montar unha historia de terror na aldea?
Ao marxe da temática, ao ver que é unha fonte de ingresos para as festas venno ben, e colaboran nas súas posibilidades, non teñen a vitalidade duns mozos de vinte anos. Nunca che din a ningunha actividade que non a fagas.

Cantos veciños hai en Chaioso?
Sete residentes, os que están todo o ano; no verán, dous (risas, rin todos sen parar); non, dez ou once. A media de idade son 70 anos, 100... (volven as risas outra vez)

Pero nas festas estades máis ca os veciños?
Si claro, toda esta xente son de Maceda e teñen un vínculo especial con Chaioso. Na asocición cultural somos 56 socios, pero para montar unha historia como a do "Pobo Fantasma" colaboran ao redor de 150 persoas. Quen desexe ser socio tan só ten que dicilo, o único requisito que lle pedimos é que sexa gracioso e simpático.

Como foi a idea de presentarse a un concurso de televisión?

Un día na casa tumbado no sofá, facendo "zapping" na tele apareceu un anuncio que dicía: "Cres que o teu pobo é o máis divertido de España?" Chamoume a atención, e o primeiro que fixen foi chamar á presidenta da asociación -a prima- e lle díxen, mira acabo de ver isto na tele, apuntámonos? e dixo "veña". Quince días máis tarde tivemos o primeiro contacto, mandamos o primeiro vídeo, viñeron despois os da productora a facer probas, logo outra vez, cinco días a filmar máis probas, e até o de agora.

Algunha outra idea en mente?
Non, non, as expectativas son secretas -comenta unha moza-. Temos pensado -anota enseguida Garrido- montar unha Feira de Abril, pero a esta virá seguro a Cayetana co carruaxe.


Non sei se será a Cayetana en persoa xunto co seu séquito, o que servidor ten claro é que Chaioso terá Feira de Abril. 

Te puede interesar