Axudas

Toén axudará as familias con 250 euros por bebé

O Concello publica as bases desta subvención para gastar, en exclusiva, na farmacia do municipio

Os concellos seguen na súa loita para frear o despoboamento e, no caso de Toén, veñen de apostar pola creación dun cheque-bebé que se lles dará ás familias que tivesen un fillo ou o adoptasen (menor de 4 anos) ao longo deste 2019 un total de 250 euros. Logo de ter aprobado unha modificación de crédito o pasado mes de agosto, destinarán 3.500 euros a facilitar a compra de produtos para o bebé nas farmacias do municipio, que se repartirán a razón de 250 euros por fillo.

O prazo de solicitude destas axudas está pendente de que sexan publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. Unha vez transcorrido este procedemento, abrirase ao día seguinte e ata o 30 de novembro.

As axudas previstas, en base ao crédito orzamentado, é de 14, aínda que se poden estender. Así, según se recolle nas bases xa publicadas no Sistema nacional de publicidad de subvencións, "en caso de que haxa máis solicitudes que crédito dispoñible, a contía será a resultante de dividir o importe total do crédito dispoñible entre o número de solicitudes presentadas".

O pago farasecunha tarxeta "Cheque-bebé", e terá que ser destinada á adquisición de bens relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do menor e sempre na farmacia e botica do concello de Toén.  Do mesmo xeito, terá que realizarse o gasto no prazo máximo de 6 meses desde a data da entrega da tarxeta. 

Para poder acceder ás axudas, cómpre levar alomenos un ano censado no municipio. Tamén se manteñen axudas ao transporte, material escolar e conciliación 

Te puede interesar