Área metropolitana

Toén busca as fotos dos veciños que ilustrarán o seu calendario

As dúas mellores fotos do concurso recibirán 150 e 100 euro

Os veciños de Toén poderán enviar ata este venres as fotos máis representativas do municipio, dentro da quinta edición do Concurso Fotográfico que organiza o Concello. As dúas mellores fotos do concurso recibirán 150 e 100 euros, respectivamente, mentres que, entre todas as que se presenten, seleccionarase cales ilustrarán o calendario municipal do ano próximo. Tamén se empregarán nas exposicións culturais que organiza o Concello.

Esta competición, tradicional xa en Toén no mes previo ao Nadal, busca implicar á veciñanza na exaltación do patrimonio, a paisaxe, as festas e os costumes do municipios.  Quen queira participar, pode envialo mediante correo electrónico o nun sobre entregado no Concello, sempre co seu nome e apelidos, email, teléfono de contacto e unha breve descrición da fotografía que se presenta, explicando aspectos como o lugar onde foi feita, o motivo, ou que representa. 

No concurso poden participar todos os veciños maiores de idade e incluso os menores que presenten autorización dos seus titores legais. A condición sine qua non é que nestes traballos se poidan identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o concello de Toén.

Cada participante poderá facer entrega dun máximo de cinco fotografías, tanto en formato papel como en dixital. Un xurado nomeado pola Alcaldía seleccionará as 10 fotografías finalistas de entre as cales se elixirán as dúas premiadas. O xurado será o encargado de decidir cantas delas serán as imaxes do calendario 2020, tendo tan só a primeira garantida a súa publicación. 

Te puede interesar