Entrevista

José Domarco: “Traer cousas novas a Pazolandia é difícil tras 27 anos"

A la izquierda, José Domarco.
photo_camera A la izquierda, José Domarco.
A 27ª edición de Pazolandia rematou a fin de semana pasada

A 27ª edición de Pazolandia rematou a fin de semana pasada. Un ano máis, este espazo de ocio da provincia reuniu a milleiros de xóvenes ourensanos –estima 24.500– para disfrutar dalgunhas das súas atraccións estrela, como a Uve ou o Scalextric. José Domarco, coordinador deste parque de atraccións promovido pola Deputación, valora esta tempada como un "éxito". 

Como valora esta edición de Pazolandia?

Foi moi positiva en dous aspectos, non tivemos ningunha incidencia reseñable e as sesións prácticamente estiveron todas ao completo. Este ano foi todo un éxito e as atraccións máis novidosas triunfaron entre o público.

Cantas persoas visitaron o Paco Paz nestas datas?

Estamos aínda cerrando as cifras pero calculamos entre unhas 24 e 25 mil persoas en datos reais. Creo que podemos roldar as 24.500, pero aínda nos queda para confirmar. O que podemos asegurar é que en case todas as sesións se acadou o 100% do aforo. Tamén fixemos 35 sorteos e, a excepción de un, todos os recolleron. É un dos momentos que máis lle encanta á xente en Pazolandia, todos se acercan cos seus boletos para coñecer quen foi o gañador. Por catro euros podes marchar cun televisor ou unha bici.

Cal foi a acollida do público das novas atraccións? 

A Uve foi a máis espectacular que trouxemos nos últimos anos. Acollía a todo o público dende unha altura de 1,20 metros, polo que foi todo un éxito. Logramos traela dende Valencia, con todos os gastos que supón e das dificultades que xera, por eso é positivo que gustase aos nenos. A pequena que tivemos no pavillón  auxiliar, o Scalextric,  tamén tivo moi boa acollida. As apostas deste ano estiveron ben vistas e todo foi de marabilla. Tratamos de buscar cousas novas, pero despois de 27 anos é raro que haxa algo que nunca pasase por aquí e complícase.

Acadaron os obxectivos que se marcaron nesta tempada? 

Sempre buscamos manter o nivel de asistencia e de actividades. Conseguímolo pese as dificultades cuns números que, para a provincia de Ourense, é importante acadalos porque cada vez hai menos nenos. Non podemos pedir máis, Pazolandia está casi ao seu 100% de funcionalidade e xa non nos queda moito para onde crecer porque son moitos anos recibindo aos nenos ourensanos no Nadal. Cambiamos algunhas cousas , pero é difícil ter cousas novas  tras 27 anos, sempre mantendo o nivel alto dun parque de atraccións que é referente de Galicia.

Que teñen pensado para o ano que vén? 

Neste momento estamos cerrando contas e porémonos a elo no verán, cando dispoñamos dun presuposto sobre o que traballar. Se este crece ou é factible, intentaremos conseguir algunha atracción de renome, visto o éxito deste ano da Uve. Esto condiciona moito porque intentamos contratar a unha de Sevilla, pero eran moitos os custos de traslado para unha soa semana dado que eran sete camións. Temos que ser conscientes das limitacións e adaptarnos.

Te puede interesar