CULTURA

O traslado do Arquivo, listo para o seu comezo

Sara Quintas, Román Rodríguez, Pablo Sánchez e Anxo Lorenzo, diante do Claustro que albergará o Arquivo Histórico (JOSÉ PAZ).
photo_camera Sara Quintas, Román Rodríguez, Pablo Sánchez e Anxo Lorenzo, diante do Claustro que albergará o Arquivo Histórico (JOSÉ PAZ).
O conselleiro Román Rodríguez visitou as instalacións de San Francisco

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou as instalacións do antigo Claustro de san Francisco que comezará a recibir fondos do Arquivo Histórico Provincial a vindera semana. Xunto a el estivo presente Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais;e de Pablo Sánchez, director do arquivo. 

O traslado farase ata finais de setembro, co movemento de 54.000 caixas de documentación, libros, pergamiños, carpetas e outros fondos desde o antigo Pazo Espiscopal: "É o maior traslado que se fixo nunca en Galicia", resaltou Rodríguez nesta visita que coincidiu co comezo das guiadas para os interesados en coñecer as instalacións.

O traslado contou cunha inversión de 100.000 euros por parte da Xunta, baixo a dirección e supervisión de Sánchez. "Este cambio de sede permitirá conformar un novo espazo cultural de referencia na cidade das Burgas", sinalou Rodríguez. O emplazamento, no que xa funcionan o Auditorio e a Biblioteca Pública, sumarase o Claustro no que se encontrará o Arquivo con todos os seus fondos históricos. 

O cambio de espazo fará que goce de maior capacidade de custodia documental, que pasará dos 1.745 metros cadrados do Pazo Episcopal aos 9.350 neste novo. O lugar no que ata o de agora se atopa, quedará para o uso exclusivo do Museo Arqueolóxico de Ourense, que gañará terreo expositivo. 

Te puede interesar