arte et alia

Tres máis dous, “Bacabú”

A sala expositiva.
photo_camera A sala expositiva.

O Lume das artes de Lugo foi “Bacabú”, na céntrica Praza do Campo, entre 1998 e 2002. A aventura iniciada no Mesón do Forno arredor das tazas de viño por catro pintores, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Xermán Refojo e Quique Bordell e Juan Carlos López Abuín, escultor que firma co alcume de “Honorio”; e un escultor, continúa hoxe, estendéndose cara Ourense, para expoñer na Sala Cero do Centro Cultural da Deputación coa comisaria lucense Cristina Carballedo. Con “Bacabú” por nome, entre Vaca e Belcebú (sic), e a Banda Deseñada como divisa nutricia, deseñaron o seu logo, expoñendo na sala as súas propostas plásticas, amosando á cidade unha maneira de entender a vida con arte e dende as artes. Cando pecharon as portas da sala súas deixaron de mirar as vellas pedras da muralla romana e medieval, alborexando neles o sentimento de maximizar a audiencia, para termando por rachar o silencio do espazo abandonado para expoñer xuntos fóra, dando que falar… coa retrospectiva no museo de Lugo en 2009. O deseño das botellas conmemorativas do centenario do periódico El Progreso e as exposicións e agora as exposicións na capela da Madanela en Arzúa (A Coruña) e en Ourense, case á vez ponos de novo no candeleiro.

Espiral (Lugo, 1964), o máis mediático e coñecido deles por dirixir a Galería La Catedral, obra realizada co deseño de Santiago Catalán; e con Ana González, a súa parella, teñen outra recente Galería na que teñen acubillo os novos talentos, espazo de negocio de zapatería dos pais dela, e na que Bordell facía escaparatismo... Sae o falangueiro artista que xoga pintando e pinta xogando da cultura dos TBO, e o cine, coas botellas como icona, formando familias coa cafeteira e outros obxectos, estilo que é un canto permanente á vida leda, pois os seus ‘toreros’ son de barra de bar. A valorización dos fragmentos de cor, co construtivismo no fondo teñen algo de ironía no horizonte a Klee ou Sol LeWitt. No canto do seu amigo Refojo é moito máis evidente. Son del as obras escollidas para a portada do catálogo. Son as súas equilibradas e calmas composicións, determinadas pola xeometría e os campos de cores ao xeito do irlandés Sean Scully, malia non empregar cores puras. Xunta con elas, e algo de abstracción, a foto dunha tía mestra, a de Mao ou dunha vaca, eis a chispa ao xeito galego pasando por Rauschenberg. Montou taller nun piso no que vivira Tino Grandío con Honorio. Deste trae Penelas tres pequenas esculturas dos primeiros tempos, acaídas pezas de xeso. A contra capa é para Catalán, que se define co debuxo, e revela como arquitecto amante dos “mundos sutiles, ingrávidos y gentiles, como pompas de jabón” para escribir pintando aves que imaxina e plasma en papel sobre táboa e cálidas cores acrílicas, con descricións en pautadas liñas caligráficas. A súa é unha viaxe mental para atrapar o élan virtual nunhas follas que saben á antiga historia natural e botánica. A inventiva de Bordell é máis irreverente, con sexualizadas obras oníricas dun ar expresionista centroeuropeo de fai un século, e alusións mitolóxicas.

Te puede interesar