REPORTAJE

As últimas fiadas para o Entroido

Ourense. 03/03/18. Reportaje sobre los preparativos del entroido de las comparsas. En la foto la comparsa Anpa en el barrio de A Ponte.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Pais, nais, nenos e nenas da ANPA da Ponte, no local onde estiveron meses traballando.

A ANPA da Ponte, a escola de danza 4 Pasos e veciños de Cudeiro compoñen algunhas das comparsas que estes días rematan os seus disfraces. Desde nenos a avós, todos botan unha man para disfrutar do Entroido 

A gran fin de semana do Entroido ourensán está a piques de chegar á cidade. O vindeiro domingo as rúas encheranse de milleiros de persoas para ver o desfile das comparsas que levan meses traballando nos disfraces deste ano. Desde grupos de menos de dez integrantes ata algúns con máis de 240 persoas, rematan estes días os seus traxes para estar listos para o Entroido 2018. Os veciños de Cudeiro xa son expertos nesta festa, polo que a planificación non é un problema para eles. Máis de dez anos participando no desfile de Ourense, na Valenzá e en Celanova. Con varios premios ás súas costas, intentarán estar de novo no podio este ano cos "Vagalumes", que abraguen idades entre os 4 e os 82 anos.

Menos edicións, pero mesmas ganas teñen os pais, nais, nenos e nenas da ANPA do colexio da Ponte. E tamén moito traballo, pois máis de 50 membros desfilarán coa comparsa "Os polbiños da Ponte". Esta é a terceira vez que participan no desfile de Ourense e todo o que recaudan destínase para actividades dos nenos deste colexio.

Os sons e as cores africanas estarán presentes no Entroido ourensán da man da escola de danza 4 Pasos. A festa está asegurada con esta comparsa que xa gañou o premio a Mellor Animación Musical. Ensaian no pavillón da Carballeira, un dos poucos sitios onde poden bailar á vez os 246 integrantes.

Te puede interesar