A UVigo premia o impulso dos puntos lilas nas festas estudiantís

Deste xeito, a UVigo destaca que se trata "dunha forma de sensibilización e prevención ante posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo nas festas universitarias", un exemplo de "implicación activa do alumnado a prol da igualdade"

A Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo vén de recoñecer á Delegación de Alumnado da Escola de Telecomunicacións co oitavo premios do compromiso coa igualdade de xénero da institución académica. O motivo deste galardón é que, en 2018, a celebración do patrón da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación converteuse na primeira festa da Universidade en dotarse dun protocolo fronte ás violencias de xénero e dun ‘punto lila’ que posteriormente formou tamén parte doutras celebracións organizadas polo alumnado de diferentes facultades e escolas. 

Deste xeito, a UVigo destaca que se trata "dunha forma de sensibilización e prevención ante posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo nas festas universitarias", un exemplo de "implicación activa do alumnado a prol da igualdade". Así se expresou durante o acto institucional do Día da Muller celebrado na Vicerreitoría do campus de Pontevedra, co que a institución académica buscaba amosar "o seu compromiso firme por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres", como salientou a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez. O reitor, Manuel Reigosa, entregou o galardón ás representantes da delegación Antía Fandiño e Nerea Dosil, que destacaron a importancia deste "recoñecemento ao esforzo e ao traballo nun evento tan difícil de xestionar como é San Teleco".

Te puede interesar