'FALAREDES 2016'

Homenaxe musical aos versos de Manuel María

photo_camera Magín Blanco e Uxía Senlle, cantando textos de Manuel María. Detrás e de esquerda a dereita, Mercedes Gallego, Valentín García, Emilia Candal e Jesús Vázquez. (MIGUEL ÁNGEL)

FalaRedes 2016 arranca este sábado en Ourense con "Todo me fala de ti"

A quinta edición do programa de dinamización lingüística "FalaRedes 2016" arranca este sábado na cidade das Burgas co espectáculo musical "Todo me fala de ti". A partir das doce da mañá, o Auditorio Municipal recibirá aos músicos Uxía Senlle, Magín Blanco e Santi Cribeiro que cantarán algunhas das composicións máis coñecidas do poeta lucense Manuel María.

O obxectivo da actividade, dirixida a nenos de cinco anos e aos seus pais, é fomentar o uso da lingua galega entre os máis cativos. "Manuel María é un dos poetas que ten máis obra editada en galego e, sobre todo, enfocada para o noso público potencial que son os nenos e nenas de Galicia", explicou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. En este sentido, a transmisión interxeneracional é un dos piares fundamentais do programa, que conta co apoio do Concello de Ourense. “A nosa lingua é o noso maior tesouro e temos a obriga de coidala e transmitila ás novas xeracións”, explicou Jesús Vázquez, alcalde da cidade.

O concerto, patrocinado por Política Lingüística, é tamén unha homenaxe a Manuel María, ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. O amor do poeta, nado en Outeiro de Rei, pola súa lingua materna e, en xeral, pola cultura gallega foi o xerme deste proxecto. Entre as súas composicións máis emblemáticas, recollidas no libro cd Canta o cuco, están "As rúas do vento ceibe" e "d'Os soños na gaiola", dirixidas ao público infantil. "Foi doado musicalas. Candos tes un poema bo, a música sae soa", explicou Uxía Senlle.

A primeira actuación coincide en data co Día mundial da lingua materna, promovido pola Unesco, polo que a actividade “será moito máis emotiva e significativa porque estamos nos días en que internacionalmente se celebra a transmisión das linguas do mundo aos más pequenos”, explicou Valentín García.

Trala súa visita a Ourense, a seguinte parada será Marín. O espectáculo percorrerá 15 localidades e a entrada é gratuita.

Te puede interesar