Contaminación

Vázquez pídelle a ministra Ribera que axilice os trámites para a protección do Barbaña

O alcalde de Ourense remitiu este martes unha carta á titular do Ministerio para a Transición Ecolóxica que actúe para "conservar un dos cauces que identifican á nosa cidade"

O alcalde de Ourense remitía esta mañá unha carta á titular do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera Rodríguez, onde especificou que o contrato para a redacción do proxecto que complete o saneamento integral do Barbaña foi adxudicado pola Dirección Xeral da auga por máis de 230.000 euros, logo de diversas reunións de traballo coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nos últimos anos que levaron á licitación de dito proxecto

“Tendo en conta que o río Barbaña é parte fundamental do patrimonio natural de Ourense, rógolle á ministra que desde o seu departamento se axilicen os trámites para preservar, protexer e conservar un dos cauces que identifican á nosa cidade”, di o alcalde, quen conclúe a súa misiva sinalando que “conocedores da implicación do Ministerio neste proxecto, esperamos o seu empuxe definitivo e unha pronta resposta”

Vázquez pídelle á oposición “que non bote balóns fóra que non consuman enerxía criticando, senón facendo algo real e productivo pola cidade instándolle ao Goberno Central que execute o que conseguiu este Goberno Municipal co anterior ministerio e en colaboración constante coa Confederación Hidrográfica. Este Goberno Municipal fixo os seus deberes”

 

Te puede interesar