Os veciños de Pereiro terán piscina climatizada durante todo o ano

Os censados no municipio desfrutarán de "condicións vantaxosas" para acceder a esta piscina. cunha rebaixa do 10% sobre as tarifas xerais

Os veciños do Pereiro de Aguiar dispoñen dende onte de servizo de piscina climatizada durante todo o ano. Todos os veciños que o desexen poderán acceder á instalación do colexio Miraflores, situado na urbanización de Monterrey, que abre ao público en xeral.

Os censados no municipio desfrutarán de "condicións vantaxosas" para acceder a esta piscina. cunha rebaixa do 10% sobre as tarifas xerais, que, segundo manifestou o alcalde de Pereiro, Luis Menor, son "moi competitivas e adaptadas a todas as idades e situacións". 

Segundo o goberno local, a principal vantaxe será que os veciños non terán xa que desprazarse a outros concellos e, ademais, gozarán de "fácil aparcamento, extraordinarias instalacións e prezos moi competitivos". 

Otros dos obxectivos "a curto prazo" será poder abrir un ximnasio municipal. 

Te puede interesar