concierto

Un vermú con música no Casco Vello

Kondios, nunha actuación na Sala Doppler de Vigo.
photo_camera Kondios, nunha actuación na Sala Doppler de Vigo.

Os ourensáns Kondios serán os encargados de poñer música ao mediodía no Casco Vello da cidade cun concerto "medio acústico, medio eléctrico" no Rock Club.

Antón P. Couto, César Rasec, Ton Vidal e Pedro Martínez son os integrantes da banda ourensá Kondios, que hoxe porá o ritmo e a música na sesión vermú do Rock Club.  

O grupo iniciou o seu camiño no ano 2016 e vai crecendo "pouco a pouco", evolucionando co paso dos anos, tanto no número de membros como no seu formato nas actuacións. Na súa música mesturan diferentes estilos como o "blues, o funk, o reggae ou o punk rock", aínda que o seu percusionista, César Rasec, explica que sempre manteñen "un lazo constante co rap". Sinala que é porque o vocalista, Antón, ten "unhas bases moi marcadas co xénero hip hop e o rap" e iso "marca un pouco o estilo do grupo". 

Crítica social, reflexións da vida e experiencias propias únense nas cancións dun grupo que tamén deixa un oco para a lírica e a poesía nas súas letras.

Uns temas que hoxe farán soar no Casco Vello da cidade cunha sesión vermú "medio acústica, medio eléctrica". O concerto contará con dúas partes. Unha primeira na que contarán con "caixón flamenco, contrabaixo e guitarra acústica"; seguida doutra na que o grupo empregará "batería, baixo e guitarra eléctrica". 

Unha sesión vermú que, segundo explica Cesár, vai ser un plan moi recomendable para este Domingo de Resurreción. Sinala que os integrantes "darán o mellor de nós" e farán "o mellor que sabemos facer, que é unha boa música".


O futuro


Rasec explica que o grupo está próximo a editar un EP con tres temas. Así que en pouco tempo os ourensáns poderán coñecer as novas cancións de Kondios, que seguirá evolucionando co obxectivo de facer disfrutar o público.

Lugar: Rock Club  

Hora: 13,00  

Te puede interesar