Área metropolitana

Os viais de oito núcleos de San Cibrao será reasfaltados

O proxecto do concello inclúe a limpeza dos arcéns, que teñen unha cuantiosa vexetación

Oito núcleos de San Cibrao das Viñas recibirán melloras na rede viaria municipal e a limpeza das gabias ao lados da calzada, logo de que o Concello sacase a concurso un proxecto de mellora, que ascende a 176.139 euros de investimento inicial. As aldeas onde se actuará son Facheiros, Currás, Penedo, San Cibrao, O Piñeiral, Reboredo e A Farixa. 

En Facheiros, o asfalto está deteriorado e a gabia está invadida pola vexetación, polo que se arranxará , composto por unha rega asfáltica, a lonxitude. Na estrada entre Currás e Penedo, arranxaranse as numerosas fendas e fochancas,que fan perigosa a circulación dos usuarios, e tamén se desbrozará a cuantiosa vexetación dos arcéns. 

Dentro deste proxecto, tamén se reasfaltará o vial que une a capitalidade municipal coa N-525 e tamén o camiño que comunica os dous barrios do Piñeiral: Piñeiral de Arriba e Piñeiral de Abaixo. Tamén se mellorará camiños municipais en Reboredo e A Farixa que se atopan actualmente cheos de fochancas e fendas na calzada. 

Ademais, dentro do proxecto tamén se contempla actuar no vial que une a estrada OU-0517 coa N-525, que ten un importante tráfico rodado e unha gran pendente, e cuxo estado do asfalto é actualmente "lamentable" segundo a memoria do propio proxecto.

Te puede interesar