Viana festexa as Letras Galegas lendo a obra de Carvalho Calero

O Concello de Viana do Bolo festexa o Día das Letras Galegas cun programa de actividades que contempla  a lectura de poemas de Ricardo Carvalho Calero. A iniciativa foi denominada "Autores de Viana homenaxean a Carvalho Calero". Serán eles os que lean a súa obra para despois subir a súa participación ás redes sociais do Concello. Será durante a fin de semana do 16 e 17 de maio, según informou a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez Rodríguez.

A lectura de poemas non será a única actividade.Tamén comezou "Relatos para o confinamento", un certame para nenos que repartirá mil euros en bonos, a canxear no comercio local, entre os participantes de cada unha das modalidades: vídeo e escrita.

Para a terceira actividade a Concellaría de Cultura vianesa solicita a colaboura dos veciños. "Animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña 'Queremos Galego'". Os repartirá o Concello entre as persoas que os soliciten. Ademais, entregará láminas para que os cativos as coloreen.

"Aínda que, neste ano, a celebración oficial foi aprazada ata o 31 de outubro, dende o Concello de Viana non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura", afirmou o Concello.

Te puede interesar