ENTREVISTA

Vicente Montoto: “O teatro está sendo machacado cunha crueldade terrible"

viecnte montoto
photo_camera Vicente Montoto.

O actor ourensano Vicente Montoto, quen recibirá o recoñecemento na gala dos María Casares

O actor ourensano Vicente Montoto, quen recibirá o recoñecemento na gala dos María Casares, foi definido pola Asociación con tres verbas: "pioneiro, paixón e xenerosidade".

Que supón este premio?
Confirmar que os compañeiros e as compañeiras me queren moito, igual que eu os quero a eles. Quixeron darme esta alegría, e eu dígolles que moitas gracias.

Un premio de honra, como afecta a unha traxectoria tan longa?
O bó do premio é que chegue cando aínda o podes disfrutar,  cando segues tendo ilusión de seguir traballando. É, polo tanto, un empuxonciño máis para ver se podemos, tamén co propio ambiente de falar do premio e da gala, axudar a mellorar as cousas.

Nestes anos, como evolucionou o teatro en Galicia?
Ven evolucionando dende fai moito tempo. Un punto fundamental son as mostras de Ribadavia, que se converteron nun dos fenómenos culturais, eu creo, máis importantes do noso país. As dimensións que logrou o teatro como feito cultural foron realmente extraordinarias. E, desgraciadamente neste momento, estamos a vivir un retroceso atroz. O que foron unhas esperanzas renovadas pois hoxe se convirten nunha desfeita, non dende o punto de vista creativo, senón dende o punto de vista das relacións coas administracións e destas co teatro, que é un servizo público, e debería ser tratado como tal. Pero está sendo machacado cunha crueldade terrible.

O público responde ao teatro galego?
É unha parte fundamental do crecemento do teatro, sen él o teatro non sería o fenómeno que é. O público de teatro é moi especializado e comparte connosco entusiasmo, paixón, esperanzas e numéricamente é fiel.

Que lembra dos anos coa compañía ourensana Caritel?
Foi unha época complexa, estabamos na dictadura e despois coincidiu coa chegada da democracia. E polo tanto, facer teatro era parte de satisfacer un instinto vocacional, pero tamén intervir na realidade política e social a través das cousas que contabamos.

O teatro ten que divertir, facer pensar,...
Ten que ser todo. O teatro divertir sempre, pero non no sentido que se da ás veces  a divertir que é provocar moita gargallada. Ten que ser todo: divertir, facer pensar, ser crítico...

Un proxecto que aínda quede...
Falta moito máis do que xa pasou. O que pasa é que os anos van pasando e as dificultades aumentan, pero soñar, seguimos soñando sempre.

A ilusión mantense?
Por suposto, sin ilusión, soños e paixón, é imposible vivir.

Te puede interesar