OUFF

"Que unha vila perda todos os seus cines significa que perde a historia da súa xente"

duniaaaaS
photo_camera Dunia Álvarez, onte no Valcárcel.

Dunia Álvarez, a pupila do coordinador artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, rescata a memoria histórica das catro salas que se perderon no seu concello, O Grove

Imaxinan unha vila sen cine?  Unha viaxe por Galicia deixaría impactados a un e indiferentes a outros. A comunicadora audiovisual Dunia Álvarez presentou onte o seu documental "A meca dos cines", que se proxectou nas sesións especiais do OUFF. Tamén se inclúe un libro baixo o mesmo título no que analiza a transcendencia histórica das salas de cine na súa vila natal, O Grove.

A pupila do coordinador artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, rescata a memoria histórica das catro salas que se perderon no seu concello, O Grove, a través dun documental e un libro que serve de fonte para futuros proxectos. A única que coñeceu a xoven investigadora, "El Marino", é agora un bazar chino.

A concelleira de Cultura de O Grove agradeceulle á autora o esforzo por "recoller a memoria colectiva do pobo nun exercicio de conservación do noso patrimonio". 

O alcalde da vila, José Antonio Cacabelos, indicou que esta obra "fala da historia dos cines do Grove pero é historia dos cines de calquera vila de Galicia".

Que significou o cine para os veciños do Grove?

Xa só o feito que nos 50 houbese tres salas funcionando e programando á vez nunha vila de 7.500 habitantes é moi importante. Foi moito máis alá de entretemento, foi motor económico, espacio de ocio, de cultura, de reunión...Hai unha parte de namoramento, xa que se formaron moitas parellas nos cines. No Grove houbo o "venres fémina", que hoxe en día sería algo moi machista pero que naquela época tiña un éxito tremendo. A muller se ía acompañada non pagaba. Estaban na porta esperando. Dicían que "ao príncipe azul". Anos atrás recórdano como algo moi bonito e moitas parellas casaron coñecéndose no do cine. Cine "El Marino" foi a única sala que eu vivín, construíuse no ano 1944 e ao dono dicíanlle: "Onde vas a facer o cine? No medio do monte? Non che vai a ir ninguén. Había peregrinacións dende tódolos lugares para ir ao monte e alí fóronse creando negocios ao redor, incluso naceu o salón máis grande de baile de Galicia, bancos, hoteis, comercios, bares...E agora mesmo é a vía principal do Grove.

Cantos cines se perderon?

Catro.

E agora queda algún?

Hai os cines de pantalla móbil que se van pondo en lugares, os itinerantes. Pero non é o encanto das salas de cine. O cine que queda en pé non foi só cine. Era unha forma de conformar o patrimonio. Reivindico a importancia de conservar o patrimonio que temos porque é a nosa historia.

Trala investigación realizada, que cree que significa que unha vila perda todos os seus cines?

Perder a memoria histórica, a historia de todos. Aínda que os partidos políticos teñen que ver con estes temas, os veciños temos un pouco de culpa. Cando tomei as gravacións e empecei a profundizar, xa vía que non eran esperanzas boas para o cine.  Sentíaste culpable de que non houbese movementos veciñais e deixouse que o cine se convertese nun bazar chinés cando  foi epicentro da cultura da xente do Grove. Un centro neurálxico da cultura que se perdeu. Esta é unha homenaxe á memoria .

Te puede interesar