ENTREVISTA - UNIVERSIDADE

Virxilio Rodríguez: "Todo o logrado con aeroespacial é un fito histórico, vale xa todo un mandato"

OURENSE (FACULTADE CIENCIAS EDUCACIÓN). 30/05/2018. OURENSE. Retrato de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus Universitario de Ourense para entrevista. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Virxilio Rodríguez, durante a entrevista.

A piques de esgotar a súa etapa de catro anos na Vicerreitoría do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, deixa o cargo moi satisfeito co acadado, convencido de que a institución conseguiu reforzar a súa autonomía e cumprir o obxectivo marcado da especialización.

A piques de esgotar a súa etapa de catro anos na Vicerreitoría do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, deixa o cargo moi satisfeito co acadado, convencido de que a institución conseguiu reforzar a súa autonomía e cumprir o obxectivo marcado da especialización.

Catro anos. Mereceu a pena?

Claro, é unha honra inmensa ter asumido este cargo na miña universidade, na que me formei.

Non son poucos catro anos?

Creo que non, catro anos é tempo máis que suficiente para executar as políticas públicas que un ten na mente. Nós tiñamos un programa de goberno cun modelo claro, con liñas estratéxicas. Se un ten claro isto, é tempo suficiente.

Ten a sensación do deber cumprido?

Absolutamente. As liñas estratéxicas foron cumpridas sobradamente, en catro anos dun esforzo tremendo, un traballo enorme do equipo.

Que lograron?

A pedra angular da política para Ourense era iniciar e consolidar o proceso de especialización no chamado Campus da Auga, un cambio no modelo de gobernanza, unha auténtica revolución non ensaiada noutras partes do Estado. Hoxe podemos dicir que Ourense ten un Campus especializado. O plan cumpriuse ó 100%, puxemos en marcha o programa de doutoramento, temos 120 investigadores capacitados para dirixir teses e cubrimos todas as prazas. Para un primeiro ano é un éxito rotundo.

Poden dicilo noutros Campus?

Ningún dos que forman o sistema universitario galego, salvo o do Mar, ten un programa de doutoramento vinculado á súa especiOURENSE (FACULTADE CIENCIAS EDUCACIÓN). 30/05/2018. OURENSE. Retrato de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus Universitario de Ourense para entrevista. FOTO: ÓSCAR PINAL.alización. Hai un elemento máis, que non era prioritario, pero que axuda a sumar e mellorar para facer mellor ciencia, un edificio de primeiro nivel a custe cero para a Universidade e que vai albergar 12 laboratorios especiais, unha grande nave de investigación.

Sen ese edificio, habería risco de estancarse?

Sen dúbida, seguir medrando require tamén medios físicos.

Non dá mágoa non ser o vicerreitor con el en funcionamento?

Esa infraestrutura pertence ó Campus e vai albergar o traballo das persoas que están aquí. Sinto unha enorme alegría de que estea rematado.

Cando toma a decisión de non repetir?

Foi unha decisión moi íntima, persoal, que a valorei durante tempo e tomei antes de que se iniciase o proceso electoral e se presentasen candidatos. O deber está cumprido, os resultados están acadados. Fíxose un traballo extraordinario no Campus da Auga, pero tamén incorporando unha titulación de referencia que moitos non pensaban que se podía. Custou moitísimo, cun traballo de fondo enorme, vinculado a unha nova escola, co que todo iso supón, con financiamento directo do Goberno autonómico comprometido e que utilizamos para dotala de equipamento, é un fito histórico. Isto, por si mesmo, vale todo un mandato e resolve un problema en relación cunha titulación que decaera, a de Física.

Fala de Enxeñaría Aeroespacial. Preocúpalle o tema da docencia?

Preocúpame na mesma medida que noutras titulacións. Hai que dicir que o problema que se plantexou cos docentes, inda que hai certos matices, non é distinto o problema noutras. Sacáronse a concurso unhas prazas e había un tribunal que considerou que non cumprían o perfil para a docencia, polo que houbo que buscar unha solución provisional.

Os alumnos poden estar tranquilos?

Está garantida a calidade da docencia, os alumnos debe estar tranquilos, igual que a dirección do centro.

Non hai nada en risco?

Temos 17 títulos de grao e ningún deles está sometido a un plan de viabilidade, están saneados, co número de alumnos necesarios para non estar en cuestión. O Campus está máis que saneado, goza dunha saúde excelente froito do traballo destes anos. Neste momento, é máis dono do seu futuro que nunca na súa historia, por unha política de especialización dirixida e pilotada desde aquí, polas persoas do goberno do Campus, pero tamén porque todo o traballo rematou nun incremento de delegación de competencias no vicerreitor.

Que se iOURENSE (FACULTADE CIENCIAS EDUCACIÓN). 30/05/2018. OURENSE. Retrato de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus Universitario de Ourense para entrevista. FOTO: ÓSCAR PINAL.mpuxese o candidato que era oposición ata agora supón que non se refrenda o traballo?

O certo é que non houbo candidatura do goberno actual, tanto é así que neste Campus houbo persoas en ambas listas da total confianza do goberno e de min mesmo.

Queda en boas mans o Campus con Esther de Blas?

Creo que si, desde logo é unha persoa que valoro moi positivamente e que traballou comigo.

Creouse unha marca?

Creo que si, as institucións así acreditan que investir neste Campus é unha garantía para a cidade e provincia, no ámbito noso pero tamén asegurando un crecemento económico en termos de transporte, negocios, aloxamento.

Hai escasez de persoal no Campus?

Estivemos cercenados por limitacións orzamentarias. Sempre demandamos facer posible a incorporación de máis traballadores e completar a consolidación.

Fálase moito tamén do problema demográfico. Poden axudar?

A Universidade é un tractor para fixar xente e xerar actividade económica, aquí e tamén nos territorios limítrofes, pero tamén para atraer xente de fóra. Falaba dos números de matrícula, temos 4.578 alumnos. Deses, o 45% ven de fóra de Ourense, significa que hai alumnos que elixen este Campus e, incluso tendo a titulación noutras cidades, veñen. É certo que moitos, non vou ser naïf, veñen porque quedan fóra, pero sobre eses hai que sinalar que tendo a oportunidade de cambiar despois, seguen, iso é quizais máis importante.

Que balance fai a nivel global de Salustiano Mato?

Sempre é necesario valorar as accións nun contexto, que foi e segue sendo complicado, en termos económicos, cunha redución de orzamentos extraordinaria ou dificultade de incorporar recursos humanos. Nós somos os primeiros autocríticos, cunha insatisfacción permanente. Seguro que certas decisións se poderían ter feito mellor, pero tamén estou certo que se fixo unha política moi decidida, con decisións valentes que se podían deixar de ter tomado.

É optimista con Manuel Reigosa?

Agardo que se preserve o que se fixo ben, que é moito, e aqueles aspectos que hai que corrixir resolvelos, porque sempre se cometen erros. O que lle desexo é o mellor, porque significará o mellor para a institución. Este Campus ten unha posición vantaxosa, privilexiada na súa relación con institucións e entidades.

É difícil competir con Santiago?

Neste discurso, non temos medo a competir como Universidade e que se nos financie por resultados, é o que nós defendemos. Despois, para competir noutras ligas, hai que cooperar. Temos o marco ideal para combinar competencia e cooperación.

Preocúpalle o desprestixio por todo o ocorrido co máster de Cristina Cifuentes?

É preocupante que non saibamos transmitir que o nivel de esixencia da universidade pública é extraordinario. Non admito que se xeralice o discurso porque uns fagan mal as cousas. 

Te puede interesar