TURISMO

Volve a ruta dos viños en tren, pola Ribeira Sacra e Monterrei

As viaxes, que duran todo o día, saen da estación Empalme e custan 40 euros para os adultos 

"Galicia a todo tren" volve ás vías do ferrocarril para percorrer dúas novas rutas dos viños, agora pola Ribeira Sacra e Monterrei -a primeira saída, o 15 de xuño, foi ás adegas do Ribeiro-. É o programa de trens turísticos de Galicia, que puxo en marcha este verán Turismo de Galicia. O primeiro sae hoxe, ás 9.40 horas, da estación Empalme. Os viaxeiros chegarán de volta ás 20.56 horas, logo de pasar a xornada nos territorios da denominación Ribeira Sacra e nos Canóns do Sil. O itinerario vai polos Peares, onde se visitará a aula do ferrocarril e continúa en tren ata Canabal para, dende alí, viaxar en autobús ata Doade, onde se visita unha adega e se percorrerá a zona no tren motorizado Aba Sacra. Volverán ó autobús ata Monforte de Lemos, onde se visitará o centro de interpretación do viño da Ribeira Sacra. O autobús tamén se utilizará para acudir a Santo Estevo de Ribras de Sil, para coller o catamarán e facer un cruceiro polo encoro de Santo Estevo. A viaxe remata no tren turístico desde Santo Estevo ata Ourense.

A ruta de Monterrei farase o domingo, día 6, entre a estación Empalme a a estación da Mezquita-Vilavella, de onde se trasladaránen autobús ata o Parador de Verín. Neste caso, o tren sairá ás 9.30 horas e os viaxeiros regresarán ás 21 horas logo de percorrer a denominación de Monterrei e algunhas das súas bodegas.

Pararán en Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz, dende onde os viaxeiros voltarán en autobús ata Ourense.

O precio dos billetes é de 40 euros para adultos e 10 para os menores de 14 anos, para as viaxes dun día, como é a das iniciativas de ferrocarril por Ourense.

Te puede interesar