Crónica

A voz aínda viva de Blanco Amor

OURENSE 2/12/2019.- Ofrenda a Blanco Amor en el cementerio de San Francisco. José Luis Díaz. José Paz
photo_camera José Luis Díaz Leyes recorda a figura do escritor ourensán. (Foto: José Paz)

No 40 aniversario da morte do escritor ourensán, autoridades políticas e culturais recordaron a súa figura, o seu forte vínculo coa provincia e a súa importante pegada na historia e literatura galegas. 

Catro décadas despois do seu pasamento, as verbas de Eduardo Blanco Amor seguen vivas. A súa mirada permanece intacta nas súas obras literarias, nos seus ensaios e nas súas pezas xornalísticas, plasmo da súa visión do mundo, sempre cun forte sentimiento ourensá e a prol dos máis indefensos e maltratados da sociedade. 

Ourensán polo mundo

Autoridades políticas e culturais reuníronse este luns no cemiterio de San Francisco, ao carón da sepultura de Blanco Amor, co gallo do 40 aniversario da súa morte. 

"Levou a ourensanía polo mundo adiante", asegurou Luis González Tosar, amigo do ilustre ourensán e presidente da Fundación Blanco Amor, organizadora do evento. "Con este acto queremos recuperar o espíritu dun cidadán exemplar comprometido con Galicia, con España, coa democracia, cos dereitos dos colectivos más desprezados e coa liberdade", afirmou. O escritor, que viviu en Arxentina durante máis de 40 anos, seguiu traballando por Galicia dende o exterior.

OURENSE 2/12/2019.- Ofrenda a Blanco Amor en el cementerio de San Francisco. Luis González Tosar, Anxo Lorenzo. José Paz

O cidadán

González Tosar recordou durante o acto a importancia do apoio institucional para protexer e valorar a figura e o legado de Blanco Amor. "Foi un loitador pola autonomía galega, e estas cousas hai que lembralas, porque non foi sinxelo. Enfrentouse duramente a sectores galegos que non crían na autonomía naquel momento", reivindicou.

O acto contou coa presenza de representantes políticos de varias institucións, ás que Tosar agradeceu a súa presencia na homenaxe. "Foi un referente da literatura galega do século XX e tivo unha labor irrepetible e fundamental na nosa cultura", asegurou Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura.

"A Deputación ten unha relación indisoluble con quen inmortalizou Auria –cidade ficticia que nas novelas de Blanco Amor se correspondía con Ourense–", afirmou Rosendo Fernández, vicepresidente do órgano provincial, que atesora actualmente a biblioteca do autor. "Dende Argentina impulsaba o orgullo de ser galego", recordou Manuel Álvarez, concelleiro de DO, que xunto con Natalia González, Rafael Villarino e Javier Rey representaron ao goberno local da cidade. 

OURENSE 2/12/2019.- Ofrenda a Blanco Amor en el cementerio de San Francisco. Rosendo Luis Fernández.  José Paz

A mirada dos novos

A homenaxe contou coa participación de alumnos e profesores do IES Blanco Amor, que realizan a ofrenda floral ao escritor dende fai varias décadas. José Luis Díaz Leyes, docente e antigo director do centro, compartiu recordos da súa amizade con Blanco Amor: "Gustáballe estar acompañado e gustáballe que o escoitaran, e era un pracer". 

Alumnos do instituto recitaron varias composicións propias adicadas ao escritor, nas que puxeron de manifesto que as súas reivindicacións de igualdade, liberdade e dignidade do pobo galego son aínda moi necesarios na actualidade. "A Auria que ti viviches, Mestre, esváecese entre os dedos sen poder evitar o esfarelamento", compartiu Noé González, un dos estudiantes.

Te puede interesar