ENTREVISTA

Xiana de Teixeiro: "Para os homes terá máis valor a achega feminista desta película"

Xiana do Teixeiro
photo_camera Xiana do Teixeiro, onte no Marcos Valcárcel.

O Auditorio Municipal acolleu onte a estrea de "Tódalas mulleres que coñezo", o filme da lucense Xiana do Teixeiro que amosa amosa as conversas de varias mulleres sobre a desigualdade de xénero. É a primeira vez que unha película rodada na cidade compite na sección oficial do OUFF.

O Auditorio Municipal acolleu onte a estrea de "Tódalas mulleres que coñezo", o filme da lucense Xiana do Teixeiro que amosa amosa as conversas de varias mulleres sobre a desigualdade de xénero. É a primeira vez que unha película rodada na cidade compite na sección oficial do OUFF. Hoxe ás 20,00 horas no Auditorio haberá unha nova oportunidade de ver o proxecto no que o equipo está formado só por mulleres. 

Cáles foron as sensancións rodando e cáles vendo a reacción do público? 

Rodando estabamos máis en esa área das intuicións. Si que intuíamos que había un momento de moita forza e sororidade e queríamos trasladalo á audiencia. Agora vemos que é unha película moi próxima ao público, reacciona de diferentes maneiras pero si que se sinte apelado. Así que ata certo punto funcionou o que buscabamos.

Eran as reaccións que esperaba ou sorprendeuse?

Non tiña moitas expectativas, así que si que hai certa sorpresa. 

“Tódalas mulleres que coñezo" son todas as mulleres que coñece?

Si, creo que todas nos podemos sentir identificadas. Funciona moito como un espello e como lugar privilexiado de ver algo que a maioría dos homes nunca viron. Creo que para os homes ten máis valor a achega desta película.

Serve o cine como ferramenta para visibilizar máis as conductas machistas?

Si, creo que a arte en xeral ten esa posibilidade de achegar á xente que incluso xa está moi próxima a estas realidades. O cine funciona como lupa para magnificar estas realidades.

Que opina da etiqueta do cine "en feminino"?

As nomenclaturas son delicadas, pero paréceme que como ferramenta si pode ser útil poñer en valor o cine feminista. É unha maneira de poñer en valor realidades que están sendo recollidas por moitas cineastas. Supoño que pode haber algo de oportunista en programar este tipo de cousas, pero si se fai ben, con películas que dialoguen e non só unha amalgama, está ben.

Rodaron cos alumnos do IES As Lagoas. Como foi ese momento?

Moi importante. A película remata aí e sérvenos para mirar moi frontalmente o momento no que estamos, tendo en conta a xente xoven. Foi un privilexio contar coa colaboración do instituto e verán a película por primeira vez no OUFF.

Que significa ser a primeira cineasta que roda en Ourense competindo na sección oficial?

Estar nunha sección oficial dun festival que ademais entende que pode haber prácticas distintas: animación, documental..., xa é bastante. O feito de competir é algo máis anecdótico porque a película non compite con ninguén.

Cal é o trasfondo da película?

É unha foto dun sentimento que pode parecer que é personal pero que despois se vai intensificando como algo político. É o sentimento de estar defraudada por esa idea de igualdade que nos venderon e nos repiten pero que varias mulleres sentimos que non é real. Non é verdade que a haxa porque non podemos desenvolvernos no espacio público da mesma maneira que os homes. E ademais, súmannos unha serie de problemas máis, por como nos educan e como nos tratan. O xermen é unha protesta contra esa idea de igualdade de movemento e no espazo público e un punto de partida para comezar a pensar en ferramentas e estratexias moito máis interesante. 

Te puede interesar