EDUCACIÓN

Xincana pola lingua galega

Centenares de nenos e adolescentes, pertencentes a 23 centros educativos da provincia, encheron a praza Maior e o Auditorio para gozar de xogos populares e unha festa con música e poemas, dentro do Correlingua 2018.

A praza Maior énchese de xogos e de centenares de nenos procedentes de 23 centros educativos de Primaria e Secundaria de toda a provincia. É o Correlingua, unha cita en torno a lingua galega e a súa reivindicación. Monitores do ciclo de animación de xogos do centro de FP da Farixa -un total de 24- intentan poñer orde entre os grupos de nenos, que esperan expectantes que se poña en marcha a xincana polo uso do galego nas aulas, baixo o lema, este ano 2018, de "A lingua non para!".

E, certamente, non para. O galego circula dun lado a outro da praza en cada xogo proposto. Ana Muíños, unha das monitoras, coloca uns conos e unhas botellas a diferentes alturas na escalinata de Santa María Nai "para que os nenos intenten meter os aros", explica. Santiago Álvarez e Brais Vidal controlan o xogo do tres en raia por relevos. "Teñen que colocar os panos de colores pero de espaldas, o que implica maior grao de dificultade", apunta.

Outro grupo sitúase en torno a unha gran tea coas cores do arco iris e pequenas bólas no medio: é o paracaídas. Un pouco máis aló, unha fileira de nenos e nenas prepárase para competir nunha reñida carreira de sacos. Son só algúns da variada paleta de xogos infantís que completan este Correlingua.

"Tralos xogos faremos unha andaina ata o Auditorio e os estudantes de Secundaria, que agora están alá, baixarán ata a praza Maior para desenvolver os seus propios xogos", explica Xosé Manuel Afonso Nocedo, coordinador do Correlingua en Ourense.

Dos escenarios e un mesmo obxectivo: que a lingua galega non pare.n

Te puede interesar