RECONOCIMIENTO

Xosé González recibe o Freire Carril en Seixalbo

Festa dos foros en Seixalbo,entrega premio Freire Carril
1-7-17
photo_camera Xosé González recolleu o Premio Freire Carril, onte en Seixalbo.

Es un reconocimiento a su "incansable traballo na promoción e posta en valor do noso idioma dentro do eido empresarial"

O presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, recibiu onte o premio Freire Carril, que entrega a Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo, como "recoñecemento ao incansable traballo na promoción e posta en valor do noso idioma dentro do eido empresarial ", segundo destacou o presidente deste colectivo, Manuel Herminio Iglesias, no acto de entrega que tivo lugar no local da Asociación de Veciños San Breixo.

Xosé González converteuse así no noveno galardoado co Freire Carril, un premio que naceu ao albor da Festa dos Foros, que onte celebrou a súa duodécima edición, e que é unha homenaxe a aqueles que lograron reverter en 1859 a obriga dos veciños de pagar os foros ao cabildo catedralicio. Freire Carril liderou a loita para obter a abolición deste pagamento, e é quen agora dá nome a este premio co que "recoñecemos a aqueles que traballan polo ben común", destacou Iglesias. O premiado recibiu unha figura de bronce deseñada polo escultor ourensán Manuel Buciños. 

Os veciños de Seixalbo festexaron onte esta nova edición da Festa dos Foros con diversas actividades polas rúas, que incluíron xogos tradicionais , un certame de traxes da época e unha ruada polas adegas do lugar. A xornada festiva rematou cun concerto na Praza do Cabildo coas agrupacións Cantos de Taberna, Cuncas do Son e Zoadeira. 

Te puede interesar