Obras

Xunqueira de Espadañedo mellora o vial Vázquez Portomeñe

A Deputación tamén achega 50.000 euros en axudas para a promoción da arte da alfarería tradicional. 

O Concello de Xunqueira de Espadañedo vén de aprobar a mellora da Rúa Vázquez Portomeñe, cun investimento de 46.537 euros,  dos que a Deputación achega 45.000. Trátase dun dos viais principais do núcleo, servindo de acceso aos principais equipamentos: colexio, campo de fútbol, velorio, concello, mosteiro ou biblioteca, etc. Con esta actuación vaise mellorar a accesibilidade para o tránsito peonil. Na zona de acceso ó campo de fútbol, procederase á eliminación da rampla de formigón. Crearase unha zona de aparcadoiro lonxitudinal, para dar servizo ao mosteiro e ao resto de equipamentos públicos do entorno.

A Deputación tamén achega 50.000 euros en axudas para a promoción da arte da alfarería tradicional. 

Te puede interesar