A Xunta acondiciona o arquivo da Cámara onde apilaba no chan documentos xudiciais

Houbo limpeza, tres meses despois que trascendera a desorde e o caos no que vivía o arquivo xudicial sito no soto do edificio da antiga Cámara da Propiedade. As autoridades políticas facilitaron os medios, e a autoridade xudicial, fixou os criterios para ordenar os expedientes.
Un trimestre despois, non hai documentos xudiciais abandonados no chan nin apilados sen criterio. A secretaria xudicial coordinadora para Ourense estableceu neste tempo novos espazos aos que desviar os arquivos abandonados no chan. Diante daquela imaxe, a Xunta de Galicia non tivera máis remedio que admitir que no caos que se ordenaban os expedientes, froito dunha situación conxuntural, ‘puido faltar rigor’. Así se expresara o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, que no mes de xullo se comprometera a poñer ‘os medios para acometer o acondicionamento do arquivo’.

Segundo informou o novo xefe territorial de Xustiza en Ourense, Luis Menor, aos representantes do sindicato SPJ-USO, procedeuse tamén a instalar armarios compactos, e a distribuír espazos nos mesmos para os distintos xulgados. Nos últimos dous días estanse trasladando expedientes antigos dende o Pazo de Xustiza.

Te puede interesar