Xunta e Deputación aseguran "máxima cooperación" e encontros mensuais

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente provincial, Manuel Baltar, mantiveron unha xuntanza de traballo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuníronse hoxe no Pazo Provincial para manter unha xuntanza de traballo na que acordaron manter a máxima cooperación e seguir fortalecendo a colaboración entre a administración autonómica e a administración provincial no territorio ourensán.

Así, como consecuencia desta colaboración os representantes de ambas as dúas administracións manterán xuntanzas de periodicidade mensual co obxectivo de intercambiar a información da que dispoñan ambas institucións sobre necesidades e proxectos de concellos eentidades que operan no territorio provincial. Con estes encontros periódicos,  segundo o delegado territorial, “poderemos consensuar actuacións e evitar duplicidades de propostas, unificando criterios e esforzos”.

Alén e Baltar reafirmaron o desexo de iniciar unha etapa de “absoluta cooperación”entre ambas as dúas administracións en beneficio e benestar da veciñanza e co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos públicos prestados.

Te puede interesar