Ecoagro

A Xunta dispón de axudas para as empresas agrarias

180220 Axudas MR 1_resultado
photo_camera A empresa, visitada onte pola delegada da Xunta, está ubicada en Maceda.
Ata o 25 deste mes está aberto o prazo de solicitude para incentivar investimentos no sector

A Consellería do Medio Rural mantén aberta ata o 25 de febreiro a liña de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios  que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Segundo acaba de explicar a delegación da Xunta en Ourense estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, "buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas". 

A delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde do concello de Maceda, Rubén Quintas, e do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou onte a industria cárnica O Rualdi, neste municipio ourensán. Esta empresa é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios da pasada convocatoria. Díaz Mouteira, puxo en valor a aposta realizada polos seus promotores para ampliar e modernizar esta industria cárnica co obxectivo de ofrecer uns produtos embutidos de calidade. A empresa ampliou as súas instalacións en máis de 200 metros cadrados, cunha redistribución de superficies para mellorar o seu proceso produtivo. 

Te puede interesar