Ourense

Xunta e Primeiro de Maio asinan un convenio para axudar a Bolivia

Ourense

Xunta e Primeiro de Maio asinan un convenio para axudar a Bolivia

A Consellería de Presidencia e a Asociación Primeiro de Maio, presidida polo doutor ourensán Manuel Garrido Valenzuela, asinarán próximamente un convenio para a execución do proxecto de mellora das infraestruturas e condicións de habitabilidade, saneamento organizativas e hixiénico sanitarias do servizo de pediatría no hospital Hernández Vera en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), por importe de 115.427 euros.
Garrido Valenzuela acude cada ano a operar a rapaces a este hospital boliviano. O obxecto do convenio é contribuír ao fortalecemento da asistencia sanitaria pediátrica dentro da poboación do departamento de Santa Cruz da Sierra en Bolivia.


obxectivos do milenio

Con este proxecto, contribuirase ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio (ODM), concretamente en relación ao obxectivo 4: reducir a mortalidade dos nenos menores de 5 anos. Bolivia é un dos países prioritarios incluídos no II Plan Director 2010-2013 da Cooperación Galega. A asociación Primeiro de Maio é unha entidade carente de ánimo de lucro, que ao longo da súa traxectoria vén contribuíndo ao funcionamento do Hospital Hernández Vera. Este hospital, que naceu en 1985, é clave na atención medica aos habitantes nesta parte da cidade ata que o sistema boliviano de saúde estea en condicións de facerse cargo dos pacientes. A política da Xunta de Galicia en materia de cooperación busca apoiar aos países con menor grao de desenvolvemento e aqueles outros que conteñan amplas capas da súa sociedade en extrema situación de necesidade e desestruturación.