A obra contará cunha achega económica de preto de 270.000 euros

A Xunta remodelará a Praza da Igrexa de Avión

A Consellería de Medio Ambiente vén de adxudicar definitivamente o contrato de obra de adecuación da praza da igrexa de San Xusto e Pastor, no concello ourensán de Avión, cunha achega económica de preto de 270.000 euros para a execución da actuación.
Esta colaboración ten como obxectivo incorporar ao patrimonio público a praza da Igrexa, un espazo que, pola súa singularidade, precisa dun acondicionamento específico que, ao remate das obras, redundará na súa posta en valor e evitará a degradación urbanística do contorno.

Grazas a este acordo, a Consellería de Medio Ambiente levará a cabo unha serie de accións concretas: a demolición do palco da música e dun almacén, a incorporación dun sistema de evacuación de augas pluviais e escorrentías e a implantación dos servizos básicos tanto de urbanismo como de mobiliario.

Estas accións forman parte do Plan Hurbe, que destinará preto de 100 millóns de euros para realizar 53 actuacións en algo máis de 40 concellos galegos, son fomentar a recuperación dos espazos de encontro para mellorar a opción de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural.


INVERSIÓN

Co Plan HURBE investiranse 34 millóns de euros para o programa de equipamentos públicos, 27,5 millóns de euros para a humanización de rúas, e 34 millóns de euros en programas de urbanización e mellora de espazos públicos.

Te puede interesar